Equipo de Tradución ao Galego
Information
- Coordinator
- Andrés Diz (provisional)
- Deputy
- ???
- How to join
- Join the mailing list, say hi and start translating! / Únete á lista de correo, saúda e comeza a traducir!
- Mailing lists
- Description
- Team for translation of FSFE information to galician language / Equipo de tradución ao galego da información da FSFE
Novas
creado o equipo de tradutores ao galego
o primeiro obxectivo e definir un glosario común de traballo, empezando pola lista de termos da FSFE
Sobre nós
Somos un grupo de voluntarios que formamos un equipo de tradución da FSFE co obxectivo de ter a información en galego
Que facemos?
Traducimos ao galego toda a información da FSFE que inclue toda a web, os boletíns informativos, as campañas, os folletos, autocolantes, etc
Como unirte a nós?
Sempre necesitamos voluntarios a axudar nas traducións, se estás interesado só tes que suscribirte á lista de correo de tradutores da FSFE e enviar un email de presentación
Anímate! traducir é doado e divertido e aprenderás moito das línguas que traduzas e de outras moitas cousas como tecnoloxía, dereitos dixitais, lexislación e funcionamento da UE...
Como traducir?
A tradución de textos basease na lista de correo de tradutores da FSFE, que é unha lista compartida por todos os equipos de tradución, polo que todas as mensaxes deben levar unha cabeceira no asunto da mensaxe indicado o idioma de tradución como código ISO 639 (por exemplo: [GL] tradución ao galego da páxina about), o fluxo de traballo é o seguinte:
- Obténse o texto orixinal á traducir. Hai diversas maneiras dependedo do material a traducir, por exemplo:
- Envíase á lista de tradutores unha petición de tradución co texto a traducir
- Faise a tradución do xeito preferido ou estabelecido no equipo de traballo
- Envíase á lista de tradutores o texto traducido indicando ou enlazando o texto orixinal e a tradución feita, opcionalmente solcitase revisión
- As persoas que desexen revisar a tradución enviarán correo coas propostas de cambio (ou o texto traducido cos cambios feitos)
- O autor da tradución da por finalizadas as revisións e solicita a publicación da versión final
- Alguén con autorización fai a publicación
No caso das páxinas web da FSFE pártese sempre da versión inglesa e o xeito mais doado de obter o texto orixinal é premer na opción "source code" ao final da páxina web, no pé da mesma, co que se vai a unha páxina onde se poder ver o contido do ficheriro desa páxina e só queda copiar todo o texto para comezar a tradución.
No proceso de tradución é importante fixarse na codificación do texto (utf8,ansi...) para non cambiala ao editar. A tradución consiste en cambiar todos os textos salvo os que se atopan entre os signos < e > que son códigos especiales de formato da páxina web (etiquetas html), con unha salvedade, hai que cambiar os textos descriptivos de imaxes e enlaces (que van entre aspas despois dun ALT= dentro dunha etiqueta html). Nunca hai que cambiar os enlaces (os href= ou src=). Pódese indicar o autor da tradución entre etiquetas author ao final do texto, xusto antes da etiqueta </html> (ejemplo: <author>Iago Mouro</author>)
Recursos para a tradución
Páxinas de soporte á tradución da FSFE
Paxina inicial para tradutores -- Con información para os que desexan traducir na FSFE
Glosario -- Termos de uso frecuente nas traducións da FSFE
Estado das traducións -- Estado das traducións nas diferentes línguas
Ferramentas online
Norma do galego -- Normas ortográficas e morfolóxicas do galego
Erros ortográficos -- Erros ortográficos e desviacións
Formas erróneas -- Formas erróneas (proxecto Trasno)
Falsos amigos -- palabras do inglés con tradución enganosa
Tradutores automáticos
Tradutor Gaio -- Tradutor moi bo, util para un primeiro borrador no que basear a tradución
Tradutor Appertium -- Tradutor de inglés, galego, portugués e castelán que permite traducir textos, documentos e webs
Tradutor openTrad -- Tradutor de inglés, galego, portugués e castelán que permite traducir directamente unha web introducindo a URL
Tradutor de texto -- Traductor alternativo a castelán e portugués, os resultados que ofrece non teñen a calidade desexada para FSFE, pero pode servir de inspiración.
Traductor de texto -- Traductor alternativo, os resultados que ofrece non teñen a calidade desexada para FSFE, pero pode ser un punto de partida.
Glosarios online
Dicionario digaTIC -- Dicionario de termos informáticos galegos
Termos Trasno -- Glosario de termos do proxecto Trasno
Glosario internet -- Glosario básico inglés-galego sobre a internet
TERGAL -- Dicionario de termos técnicos en galego, español, inglés e alemán entre outros
Termos Admin. Electrónica -- Buscador de termos en diferentes vocabularios e léxicos
Dicionarios online
Dicionario RAG -- Dicionario da Real Academia Galega
Dicionario DiGalego -- Dicionario galego-castelán-inglés-portugués
Dicionario Estraviz -- Dicionario galego que segue a normativa lusista
Dicionario Priberam -- Dicionario portugués
Dicionario de termos informáticos -- Dicionario de termos informáticos en inglés
Wordreference -- Diccionario Inglés/Español e Español/Inglés
AskOxford -- Diccionario de inglés británico con equivalencias no inglés americano
Lexislación UE
UE -- Funcionamento da UE
Lexislación -- Explicación da lexislación europea
Buscador -- Búsqueda de lexislación de UE, útil para traducións de textos legais ou de referencias a leis e normativas europeas
Buscador filtrado -- Búsqueda de lexislación por tipo de leis