Teams/GalicianTranslatorTeam

Equipo de Tradución ao Galego

Information

Coordinator
Andrés Diz (provisional)
Deputy
???
How to join
Join the mailing list, say hi and start translating! / Únete á lista de correo, saúda e comeza a traducir!
Mailing lists

https://lists.fsfe.org/mailman/listinfo/translators

Description
Team for translation of FSFE information to galician language / Equipo de tradución ao galego da información da FSFE

Novas

{OK} creado o equipo de tradutores ao galego


{i} o primeiro obxectivo e definir un glosario común de traballo, empezando pola lista de termos da FSFE

Sobre nós

Somos un grupo de voluntarios que formamos un equipo de tradución da FSFE co obxectivo de ter a información en galego

Que facemos?

Traducimos ao galego toda a información da FSFE que inclue toda a web, os boletíns informativos, as campañas, os folletos, autocolantes, etc

Como unirte a nós?

Sempre necesitamos voluntarios a axudar nas traducións, se estás interesado só tes que suscribirte á lista de correo de tradutores da FSFE e enviar un email de presentación

Anímate! traducir é doado e divertido e aprenderás moito das línguas que traduzas e de outras moitas cousas como tecnoloxía, dereitos dixitais, lexislación e funcionamento da UE...

Como traducir?

A tradución de textos basease na lista de correo de tradutores da FSFE, que é unha lista compartida por todos os equipos de tradución, polo que todas as mensaxes deben levar unha cabeceira no asunto da mensaxe indicado o idioma de tradución como código ISO 639 (por exemplo: [GL] tradución ao galego da páxina about), o fluxo de traballo é o seguinte:

  1. Obténse o texto orixinal á traducir. Hai diversas maneiras dependedo do material a traducir, por exemplo:
    1. Envíase á lista de tradutores unha petición de tradución co texto a traducir
  2. Faise a tradución do xeito preferido ou estabelecido no equipo de traballo
  3. Envíase á lista de tradutores o texto traducido indicando ou enlazando o texto orixinal e a tradución feita, opcionalmente solcitase revisión
  4. As persoas que desexen revisar a tradución enviarán correo coas propostas de cambio (ou o texto traducido cos cambios feitos)
  5. O autor da tradución da por finalizadas as revisións e solicita a publicación da versión final
  6. Alguén con autorización fai a publicación

No caso das páxinas web da FSFE pártese sempre da versión inglesa e o xeito mais doado de obter o texto orixinal é premer na opción "source code" ao final da páxina web, no pé da mesma, co que se vai a unha páxina onde se poder ver o contido do ficheriro desa páxina e só queda copiar todo o texto para comezar a tradución.

No proceso de tradución é importante fixarse na codificación do texto (utf8,ansi...) para non cambiala ao editar. A tradución consiste en cambiar todos os textos salvo os que se atopan entre os signos < e > que son códigos especiales de formato da páxina web (etiquetas html), con unha salvedade, hai que cambiar os textos descriptivos de imaxes e enlaces (que van entre aspas despois dun ALT= dentro dunha etiqueta html). Nunca hai que cambiar os enlaces (os href= ou src=). Pódese indicar o autor da tradución entre etiquetas author ao final do texto, xusto antes da etiqueta </html> (ejemplo: <author>Iago Mouro</author>)

Recursos para a tradución

Páxinas de soporte á tradución da FSFE

Ferramentas online

Tradutores automáticos

Glosarios online

Dicionarios online

Lexislación UE


Category/Teams

Teams/GalicianTranslatorTeam (last edited 2018-11-29 01:28:11 by pd)